Anuncios
Ticker de novas

Baiona apúntase á batucada este fin de semana

O Concello de Baiona e a Asociación de Percusionistas e Tamborileiros organizan este fin de semana o I Festival de Percusión Afrobrasileira Aperta “Apertuke”, que se celebrará no Paseo Ribeira. Durante dous días haberá concertos, batucadas, obradoiros infantís, pasarrúas, circo e animación de rúa, ademais dun obradoiro de percusión impartido por Andrés Riveiro.

A programación comezará o sábado 15 de setembro ás 10:30 da mañá co obradoiro de percusión, ao que poderán asistir todos aqueles inscritos previamente. Ás 18:00 horas haberá a Mostra Aulas Aperta e comezarán os obradoiros infantís a cargo de Matrácala, coa elaboración de instrumentos de percusión e chapas do festival ata as 20:00 horas.

Ás 18:25 comezarán as actuacións das diferentes batucadas invitadas. Abrirá o festival o grupo anfitrión, Bloquinho Aperta, ao que seguirán La Torzida Batukada, Trópico de Grelos, La Torzida Espectáculo e Asaco Circo. Xa pola noite, a partir das 23:00 horas, a festa continuará cos concertos de The Lelli Kelly’s, Bate no Cobre e Os Bechuchos.

O domingo 16 ás 13:00 horas, pecharase a primeira edición de “Apertuke” cun gran pasarrúas no que todos os participantes no obradoiro do día anterior e as batucadas convidadas mostrarán os ritmos aprendidos. Todos xuntos percorrerán a zona vella da vila, enchendo as rúas de ritmo, baile e diversión, nun espectáculo difícil de esquecer.

2018-09-13 - PROGRAMACION APETRUKE

Anuncios