Anuncios
Ticker de novas

O PP Provincial confirma a Carlos Abal como o candidato do PP en Nigrán

Carlos Abal Valverde será o candidato do Partido Popular en Nigrán e o acto de presentación será este venres, 14 de setembro, ás 19:30 horas no hotel Miramar. A presentación do que será o cabeza de lista do PP en Nigrán será o primeiro dos actos de presentacións de candidatos que o Partido Popular ten previsto realizar por toda a provincia durante os meses de setembro e outubro.

Abal contará co respaldo do presidente provincial, Alfonso Rueda, do coordinador comarcal, Jesús Almuíña, así como da presidenta local do partido, María José Pino, entre outros. A dirección provincial aceptou desta forma, a proposta que a executiva local lle trasladou de forma unánime no mes de xullo, ao considerar a Carlos Abal como a persoa máis idónea para encabezar a lista do Partido Popular nas próximas eleccións municipais e capaz de recuperar a alcaldía.

Carlos Javier Abal Valverde nacido en 1960 na parroquia de San Pedro e empresario vinculado ás Tecnoloxías de Información e Comunicación é actualmente o presidente da Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia. Está vinculado ao Partido Popular desde hai 40 anos. É ademais fillo e xenro de dous dos fundadores do partido en Nigrán, José Luis Abal Barros e José Lino Fernández Alonso. Formou parte da candidatura de Alfredo Rodríguez Millares e foi o presidente do Congreso Local de 2017 no que resultou elixida presidenta local María José Pino.

Anuncios