Gondomar recibirá 70.000 € da Deputación para a urbanización da rúa da Igrexa

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar un novo investimento no municipio de Gondomar no marco do vixente Plan Concellos. Trátase dunha partida de case 70.000 euros que se destinarán para as obras de urbanización na rúa da Igrexa. A través do Plan Concellos, Gondomar ten este ano á súa disposición un total de 1.667.227 euros, dos que ata agora xa recibiu algo máis de 1,1 millón de euros, o que supón o 70,7% do total asignado.

Anuncios