A Aula de Teatro da OMIX de Gondomar Pritis Guomins presenta este domingo 9 de setembro a montaxe “Pata de Clown” ás 21:00 horas na Praza da Alameda de Gondomar. As mozas toman o nariz vermello, retórceno, danlle forma e recolócano para crear un novo espectáculo baseado na técnica clown. Despois do éxito de “PataClown”, desmontaron, recortaron por aquí, pegaron por alá e o resultado é “Pata de Clown”. Humor e música en formato sketch… e sorpresa final.
Gondomar pecha o seu ciclo de teatro na rúa coa obra “Pata de Clown”

