Anuncios
Ticker de novas

Teatro ao aire libre en Gondomar

O grupo de teatro O mellor de cada casa de Viladesuso, Oia, representa este venres a partir das 21:00 horas na Praza da Alameda de Gondomar a montaxe “Cousas da vida”. Esta representación trátase de diversos sketch, que non teñen nada que ver uns cos outros, xa que se conta en curtos espazos de tempo, historias ou anécdotas que nos puideron pasar ao longo da vida, estas historias están representadas dunha maneira divertida e conexionadas entre elas cunha breve narración con certo transfondo social para o respecto e tolerancia cara aos demais. A entrada é gratuíta.

Anuncios