Os servizos de extinción tratan de sufocar un incendio forestal en Baredo

Ás 15:57 horas desta tarde declarouse un incendio forestal na parroquia baionesa de Baredo. Segundo informaron desde a Consellería de Medio rural na súa extinción traballan 1 axente, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero. Ata a zona tamén se desprazaron axentes da Garda Civil e da Policía Local. A columna de fume é visible desde o centro de Baiona e outros puntos da comarca.