Anuncios
Ticker de novas

Controlado o incendio forestal de Baredo tras arder 0,2 hectáreas de monte

Os servizos de extinción deron por controlado ás 17:03 horas desta tarde o incendio forestal que se declarou unha hora antes na parroquia baionesa de Baredo. Na súa extinción participaron 1 axente, 5 brigadas, 5 motobombas e 1 helicóptero. Segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural afectou a unha superficie de 2.000 metros cadrados de monte. Ata a zona tamén se desprazaron axentes da Garda Civil e da Policía Local. A columna de fume era visible desde o centro de Baiona e numerosos puntos da comarca.

Anuncios