
Unha muller resultou ferida este xoves tras ser alcanzada por un turismo na Avenida da Feira, no concello de Gondomar. O atropelo produciuse ás 10:45 desta mañá cando a muller cruzaba por unha zona na que non hai paso de peóns. Ata o lugar desprazáronse os profesionais sanitarios e os axentes da Policía Local. A muller, veciña de Couso, sufriu fractura de nocello esquerdo e foi trasladada ao hospital vigués de Fátima.