Presentación do novo curso na Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar

A Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar presenta este venres día 7 de setembro ás 17:00 horas no Centro Cultural Municipal de Belesar o novo curso 2018/2019. No acto darase información xeral do funcionamento da escola, horarios e demais. Os interesados poden solicitar máis información no correo emus.belesar@gmail.com ou no teléfono 696 105 420.