Falece José Fernández Teijeira, ex párroco de Mañufe, Couso e Donas

Este mércores faleceu José Fernández Teijeira no Hospital Meixoeiro de Vigo á idade de 84 anos, o que fora párroco de San Vicente de Mañufe e colaborador despois da súa xubilación na Unidade Pastoral Gondomar Centro, sobre todo nas confesións e os funerais. Os seus restos mortais están no Tanatorio de Santa Cristina da Ramallosa, desde onde serán trasladados este xoves ás 16:15 horas ata a súa parroquia natal de Santa María de Oroso, onde ás 17:30 celebrarase o funeral e o enterro. En Mañufe haberá un funeral o venres ás 19:30 horas. José Fernández Teijeira tamén foi párroco de Couso e Donas e profesor de relixión en institutos de Gondomar e Nigrán.