Anuncios
Ticker de novas

O Vespamiñor Scooter Club participa na I Volta a España en vespa

O Vespamiñor Scooter Club participou este fin de semana na I Volta a España por relevos en vespa, organizada polo Vespa Club de España co obxectivo de irmandar aos clubs participantes. Os pilotos miñoranos colleron a testemuña en Vigo o sábado de mans do Vespa Club Galicia, para a continuación ser recibidos polo alcalde de Nigrán, Juan González. Xa o domingo, foron relevados na Cañiza polos membros de Avispados Ourense.

No evento, que comezou o pasado mes de maio en Canarias e finalizará o próximo 15 de setembro en Valladolid, participan 195 pilotos de máis de 80 clubs de todo o territorio nacional, que completarán un total de 23 etapas e 6.300 quilómetros de asfalto en vespa. A testemuña consiste nunha bandeira, un libro de rexistro e unha mochila, onde se van incluíndo recordos, parches, adhesivos e outros obxectos achegados polos clubs participantes que finalmente conformarán unha vitrina recordo.

Anuncios