Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para a XIX Marcha Cicloturista Concello de Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Marcha Cicloturista de Gondomar.

O vindeiro domingo 9 de setembro celebrarase a XIX Marcha Cicloturista Concello de Gondomar, organizada polo Club Ciclista Gondomar. Este ano, Jacobo Ucha, Marina González, Gustavo Veloso, Álex Marque e Iván Raña serán os Padriños da Marcha.

Esta marcha ciclista está aberta para todos os ciclistas que estean en posesión da licenza Federativa do ano en curso e sexan maiores de 15 anos. Os que non posúan a licenza federativa, poderase tramitar unha licenza temporal válida só para a celebración da proba, debendo pagar un suplemento de 10 € á cota de inscrición, que é de 15 € para os homes e de 10 € para as mulleres.

A saída da marcha, cunha distancia de 106 km, será ás 9:30 horas desde a Praza do Concello. O percorrido será Gondomar, Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Alto de Tebra, San Antoniño (400 metros), Tui, Monte Aloia (550 metros), Morgadáns, Couso e regreso a Gondomar.

As inscricións pódense realizar a través da web do club (www.clubciclistagondomar.org) ou o mesmo día no Concello de Gondomar desde as 8:00 ata as 9:30 da mañá. A recollida de dorsais será o día da marcha de 8:00 a 9:00 horas.

Recibirá trofeo o club máis numeroso, o club máis afastado, os participantes de maior e menor idade e os tres primeiros no tramo libre tanto en categoría masculina como feminina. Tamén haberá un recordo da marcha para todos os participantes e uns petiscos de confraternidade ao final.⁠⁠⁠⁠

Anuncios