Anuncios
Ticker de novas

Gondomar reparte máis de 130 quilos de compost no mercado dos sábados

A Concellería de Medio Ambiente de Gondomar repartiu este sábado no mercado semanal máis de 130 quilos de compost (137 quilos para ser exactos) producido nos composteiros comunitarios instalados na vila a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. “O resumo da xornada foi tremendamente positivo e tivo unha acollida excepcional entre o público, ata o punto que xa temos peticións dos veciños da Urbanización Miñor, da Praza Rosalía de Castro e da zona das Ánimas para que instalemos novos composteiros comunitarios neses barrios”, afirma Antonio Araújo.

“O da compostaxe é unha opción irreversible, por sustentabilidade medioambiental, por economía (aforro) ás arcas municipais, e tamén por un imperativo da Unión Europea, que marca que no 2020 hai que compostar entre o 40% e o 60% da materia orgánica que producimos nos nosos fogares. Gondomar está nesa senda e dende a Concellería de Medio Ambiente apostamos pola mesma sen dubidalo”, conclúe Araújo.

El Trofeo Principe de Asturias enfila 20180901_102609

Anuncios