Anuncios
Ticker de novas

Nigrán remata a pavimentación do camiño rural “O Codaval” en Priegue

O Concello de Nigrán finalizou esta semana o pavimentado do camiño rural Codaval en Priegue que une exteriormente os barrios da Mámoa e Navás e que ata agora presentaba un firme irregular e de terra nos seus 400 metros de lonxitude. O traballo realizouse grazas á subvención de 39.150 € concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2017-18.

A obra, adxudicada a Construcciones Fechi S.L., consistiu en regularizar o firme mediante aglomerado asfáltico, dispoñer de cunetas nas marxes e habilitar dous cruces de paso de augas.

“Con esta obra se deu continuidade ao asfaltado do Camiño do Monte coa rúa da Mámoa, permitindo conectar dous barrios de xeito moito máis directo e mellorando a seguridade viaria. Ata agora Codaval estaba en condicións practicamente intransitables para un vehículo convencional”, explica o alcalde, Juan González, quen asegura que a intención “é seguir asfaltando máis tramos de camiños rurais adxacentes, de xeito que conecten directamente coas Baleazas, no colexio CEIP da Cruz, en Camos, e ao que asisten moitos nenos de Priegue”.

Anuncios