Airiños da Lagoa celebra o seu XXII Festival Folclórico

A Asociación Folclórica Airiños da Lagoa organiza este sábado, 1 de setembro, o XXII Festival Folclórico para conmemorar un ano máis o aniversario do grupo fundado en Baíña fai xa máis de dúas décadas.

Ademais de Airiños da Lagoa, anfitrións todos os anos deste encontro de grupos de música tradicional, participarán nesta edición as agrupacións folclóricas Valle de Camargo procedente de Cantabria, os pandereteiros Traspés de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Cosmpostela, estas dúas últimas xunto coa de Baíña sitúanse entre os mellores representantes do folclore galego.

O evento, que comezará ás 22:00 horas na Praza do Concello, conta coa colaboración do Concello de Baiona e está incluído na programación cultural e de lecer “Baiverán 2018”.