O Concello de Baiona pecha as actuacións de verán en Sabarís con dous concertos na Praza Victoria Cadaval, un de Broken Peach o venres 31 de agosto ás 21:30 horas, e o segundo, de La Patrulla, o sábado 1 de setembro ás 12:30 do mediodía.
O grupo vigués Broken Peach é o perfecto matrimonio entre The Supremes e The Who, é dicir, un grupo vocal feminino acompañado dunha sólida banda de rock. O seu eclecticismo musical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, etc.
La Patrulla é unha banda de pop-rock formada por Javi (batería), Mon (guitarra e voz), Norio (guitarra), Tortuga (coros), Antonio (técnico de son) e Big J (baixo), nacida en Baiona no ano 2015 como un grupo de versións dos 80, 90 e actual.

