Baiona pecha agosto coa actuación de “Galicia en Danza”

A Escola de Baile “Galicia en Danza” de Baiona sóbese este venres 31 de agosto ao escenario da Praza do Concello. Será a partir das 22:00 horas cando os diferentes grupos de bailaríns da escola deleitarán ao público cos diferentes estilos de baile. O evento está incluído na programación cultural “Baiverán 2018” organizada pola Concellería de Cultura.