Efectivos da Garda Civil de Gondomar investigaron a un veciño deste municipio, como suposto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas, como presunto responsable dunha pequena plantación de marihuana que se localizou nun terreo anexo á súa vivenda.
As actuacións desenvolvéronse durante a tarde de onte cando unha patrulla de seguridade cidadá do Posto da Garda Civil de Gondomar, no seu percorrido pola parroquia de Peitieiros, observa unha planta de marihuana no patio exterior dunha vivenda. Ao requirir a presenza do propietario do inmoble púidose comprobar que tiña outras tres plantas que foron incautadas para ser postas a disposición da autoridade xudicial competente.
Con esta actuación, enmarcada dentro dos servizos que a Garda Civil de Pontevedra ten activados para a detección e erradicación de puntos de produción, venda e distribución de substancias estupefacientes, evitouse que as doses que se puidesen obter da marihuana intervida destináronse ao tráfico de drogas (menudeo).
As dilixencias instruídas polos efectivos da Garda Civil, xunto coas plantas aprehendidas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Vigo, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido.

