Sin categoría

Xeira do IEM pola Fortaleza de Monterreal de Baiona

Este martes 28 de agosto ás 18:30 horas terá lugar a décimo segunda xeira de verán do IEM, titulada “Monterreal de Baiona: Vivindo entre murallas”, organizada en colaboración co Concello. O punto de encontro da xeira, que estará guiada por Anxo Rodríguez Lemos, será nos Arcos da Ribeira (Antiga Praza do Pescado). Haberá dous intérpretes en lingua de signos para xordos.