Sin categoría

O Trofeo Conde de Gondomar queda en casa

Vitoria do Gondomar CF ante o CD Vincios na XXXIV edición do Trofeo Conde de Gondomar, celebrado este domingo no campo municipal de As Gaiandas. Tras o encontro, que concluíu cun resultado de 3-0, o actual Conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba, acompañado da súa esposa, Mercedes Ordeig, fixo entrega do Trofeo ao equipo gañador. Tamén asistiu o alcalde, Paco Ferreira, e os concelleiros Nuria Lameiro e Jose Manuel Chamorro.