Anuncios
Ticker de novas

Juan Muñoz (Cruz y Raya) pecha o ciclo “Baiona con humor”

FOTO: IÑAKI ALÁEZ // Juan Muñoz.

O ciclo “Baiona con humor” chega este martes 28 de agosto ao seu fin coa actuación de Juan Muñoz (Cruz y Raya), a partir das 22:00 horas na Praza do Concello. Trátase dun espectáculo no que o humor e a música o son todo, un show que mantén a comedia e resucita os códigos do xénero, cos personaxes que evolucionaron desde a última vez que se lles viu pola tele, como Juan de Dios, o morito Juan ou o vello Ramón, xunto ás achegas musicais das imitacións de cantantes.

Anuncios