Anuncios
Ticker de novas

“Tadeo Jones 2. El secreto del Rey Midas” pecha o ciclo “Cine na Praza” de Baiona

Este luns 27 de agosto ás 22:00 horas finaliza o ciclo “Cine na Praza”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona. O último título que baioneses e visitantes poderán ver na Praza do Concello é “Tadeo Jones 2. El secreto del Rey Midas”, na que Tadeo Jones viaxa ata Las Vegas para asistir á presentación do último descubrimento da arqueóloga Sara Lavroff: o papiro que demostra a existencia do Colar de Midas, o mítico Rei que convertía en ouro todo aquilo que tocaba. Pero o feliz reencontro verase enturbado cando un malvado ricachón secuestra a Sara para poder atopar o talismán e conseguir riquezas infinitas. Xunto aos seus amigos o papagaio Belzoni e o seu can Jeff, Tadeo terá que facer uso do seu enxeño para rescatar a Sara, nunha viaxe por medio mundo, onde atopará novos amigos e novos viláns.

Anuncios