A Concelleira de Benestar Social do Concello de Gondomar, Rocío Cambra Castro, despediu o pasado xoves día 23 aos nenos e nenas saharauís que pasaron o verán no Val Miñor, nun acto no que estiveron presentes as familias de acollida e representantes da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
O acto, que deu comezo ás 19:00 horas, consistiu nunha merenda no Parque da Coelleira, e a entrega de agasallos aos nenos e nenas. Nesta ocasión foron un total de 8 menores de entre 7 e 12 anos os que se beneficiaron deste programa no Val Miñor, 3 dos cales estiveron con familias do Concello de Gondomar.
A estancia de menores saharauís no Val Miñor inscríbese dentro do programa “Vacacións en Paz”, posto en marcha pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí fai máis de vinte anos.



