Nigrán celebra unha festa ibicenca en Patos como peche do programa de zumba

O Concello de Nigrán e o ximnasio Plaza Fitness Sport Center celebran este venres a II Fiesta Ibicenca dende as 21:00 horas en Patos e que pon fin ás clases de zumba ao aire libre deste verán. Os asistentes deberán ir vestidos de branco para esta festa que contará con sorteos de regalos, exhibición de breakdance e unha sesión especial de zumba con seis dos mellores instrutores de Galicia.