Anuncios
Ticker de novas

Pequeno incendio en Baiona tras explotar a batería dun teléfono móbil

A explosión da batería dun teléfono móbil mentres estaba a cargar provocou un pequeno incendio na planta baixa dunha casa da Zona Vella de Baiona. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 23:51 deste luns, cando veciños da zona comprobaron que saía fume polas xanelas. Cando o GES do Val Miñor chegou á vivenda, situada na rúa San Xoán, o incendio xa fora sufocado cun extintor por dous axentes da Policía Local. Os bombeiros comprobaron a vivenda e retiraron o pequeno moble afectado polas chamas, sobre o que se atopaba o móbil. A vivenda estaba baleira no momento do suceso.

20180821_001757

Anuncios