Sin categoría

Dúas persoas feridas en Gondomar nunha colisión frontal entre dous coches

Dúas persoas resultaron feridas esta madrugada en Gondomar despois de producirse un choque frontal entre outros tantos coches. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as dúas vítimas tiveron que ser trasladadas ao centro médico de referencia. O accidente tivo lugar na PO-331, concretamente no punto quilométrico 13,900, ao fío das 6:50 horas. Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias alertaba do sinistro ao 112 Galicia. Decontado, dende o CIAE 112 Galicia se pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Val Miñor e ao servizo de mantemento da estrada.