Anuncios
Ticker de novas

Concerto de “A Banda da Loba” nos xardíns da Casa da Navegación de Baiona

Continúa o programa “Baiverán 2018” organizado pola Concellería de Cultura de Baiona cun concerto de “A Banda da Loba”, que se celebrará este mércores 22 de agosto nos xardíns da Casa da Navegación ás 21:30 horas.

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Neste momento están a presentar o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, por toda Galicia, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e de Tanxugueiras.

Anuncios