Aprazada a festa medieval de Gondomar por motivos de seguridade

A Concellería de Cultura de Gondomar apraza a festa medieval prevista para este fin de semana por motivos de seguridade. Dadas ás características do evento, o emprazamento, as circunstancias climatolóxicas e a falla dun plan especifico de seguridade e evacuación por parte da empresa organizadora encargada do desenvolvemento da programación do mesmo, obriga ao Concello a aprazar o evento para novas datas, unha vez, a mesma presente toda a documentación preceptiva e que garanta a seguridade dos asistentes e da veciñanza de Gondomar. “Os primeiros en garantir a seguridade pública e o cumprimento da lei debemos ser as administracións, e por riba de calquera outra cousa, a integridade física da xente debe ser o primeiro valor a preservar”, sinalan desde o Concello nun comunicado.