Concentración na Ramallosa en repulsa por un novo asasinato machista

O Co-mando Ghichas e a Asociación de Mulleres Area Loura convocan unha concentración na Ramallosa o martes 21 ás 20:00 horas. “Un novo asasinato machista nos enche de tristeza, indignación e nos leva a convocar de novo unha concentración para berrar unha vez máis O MACHISMO MATA! BASTA! QUERÉMONOS VIVAS E LIBRES!”.

Este é o terceiro asasinato en Galicia no que vai de ano, o primeiro foi no Porriño, Magdalena Moreira no mes de xuño. Hai un mes na Coruña María Judite Martín Alves foi degolada polo seu marido. Onte outra muller foi asasinada a tiros tamén polo seu marido, deixando dous nenos orfos.

“Non podemos deixar de saír á rúa e manifestar a nosa dor e repulsa, facer visible este femincidio e seguir berrando contra esta desfeita”.