Anuncios
Ticker de novas

“¡Canta!”, no “Cine na Praza” de Baiona

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este martes 21 de agosto proxectarase a película “¡Canta!”, ás 23:00 horas na Praza do Concello. Buster Moon é un elegante koala que rexenta un teatro que coñeceu tempos mellores. É un optimista nato, o que está moi ben se non fose un pouco caradura, pero ama ao seu teatro con paixón e é capaz de calquera cousa para salvalo. Sabe que o soño da súa vida está a piques de desaparecer, e só ten unha oportunidade para mantelo á boia: organizar un concurso de canto e conseguir que sexa un gran éxito. Entre os moitos candidatos aparecerán unha cerdiña ama de casa e outro porco moi animoso, unha porcoespín rockeira, un gorila bondadoso, un rato fachendoso e un elefante moi tímida.

Anuncios