Anuncios
Ticker de novas

A percusión afrobrasileira será a protagonista en Baiona co I Festival “Apertuke”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Bloquinho Aperta no "Sons do Casco".

Baiona acollerá os próximos 15 e 16 de setembro o I Festival de Percusión Afrobrasileira Aperta “Apertuke”, organizado pola Asociación de Percusionistas e Tamborileiros coa colaboración do Concello. Durante dous días haberá concertos, batukadas, obradoiros infantís, pasarrúas, circo e animación de rúa, ademais dun obradoiro de percusión impartido por Andrés Riveiro. Actuarán Aperta, Trópico de Grelos, Bate no Cobre, La Torzida, The Lelli Kelly’s e Os Bechuchos. Nos próximos días abrirase o prazo de inscrición para o obradoiro e detallarase a programación e os horarios.

Anuncios