Máis de 500 persoas degustaron 320 quilos de sardiñas en Vilariño

FOTO: PAULA DOMÍNGUEZ // Gran sardiñada en Vilariño.

A gran sardiñada organizada este sábado pola Comisión de Festas de San Antonio de Vilariño foi todo un éxito. Máis de 500 persoas cearon 320 quilos de sardiñas no Torreiro do Convento Pais Franciscanos, na parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa. O evento, no que se serviron racións de 12 sardiñas, pan e viño por 12 euros, estivo amenizado polo dúo Verde Menta. Este ano a Comisión de Festas está composta por 13 mulleres e todo o diñeiro recadado será para celebrar as Festas de San Antonio do próximo ano 2019.