Gondomar celebra a I Baixada de Carrilanas

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Baixada de Carros de Bólas en Camos.

A Concellería de Deportes do Concello de Gondomar organiza este domingo 19 de agosto a I Baixada de Carrilanas, evento que se celebrará no Monte Galiñeiro, en Vincios, incluído no programa “Cultura de Verán”. Pola mañá, entre as 11:00 e as 13:00 horas, terán lugar as verificacións, mentres que a proba, puntuable para o campionato galego, dará comezo ás 17:00 horas, con finalización prevista para as 20:00 horas. Participarán máis de 70 vehículos nas modalidades Skeleton, Pneumática GX, Pneumática C1-C4, Gravity Bike, Rodamentos, Pneumática C8-C9, Drift Trike e Simpatía. O evento finalizará cunha baixada de exhibición e a correspondente entrega de trofeos no Merendeiro do Monte Galiñeiro. O tramo de estrada que vai desde o Merendeiro ata o picadero permanecerá cortado ao tráfico desde as 8:00 ata as 20:00 horas.