Continúa o ciclo “Cine na rúa” en Gondomar coa película “Vaiana”

O Concello de Gondomar continúa este domingo día 19 de agosto o ciclo “Cine na rúa”, incluído no programa “Cultura de Verán”. Ás 22:00 horas proxectarase a película “Vaiana” no Parque Ponte de Rosas. A historia desenvólvese hai dous milenios nunhas illas do sur do Pacífico. A protagonista é Vaiana Waialiki, unha moza que desexa explorar o mundo navegando polo océano. Ela é a única filla dun importante capitán que pertence a unha familia con varias xeracións de mariños.