
O campo municipal de As Gaiandas acollerá este domingo 19 de agosto a partir das 19:00 horas o Trofeo do Val Miñor. Será unha competición triangular na que participarán o Gondomar CF, o Maside FC e o Cultural Areas. Disputaranse tres partidos de 45 minutos cada un. A entrada é gratuíta.