Anuncios
Ticker de novas

A Deputación actualizará o padrón do lixo de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Un dos novos colectores de carga lateral.

A Deputación de Pontevedra comezará en breve o proceso de actualización do padrón de lixo en Baiona. Trátase dun proceso de revisión habitual para actualizar os datos de novas altas e baixas que se producen neste servizo que se realizará na vila a petición do Concello, que ten delegada a xestión desta taxa municipal no Servizo Oral. A institución provincial subscribiu con outros dous concellos da provincia a actualización do padrón do lixo. En Arbo, xa téñense notificado un total de 458 novos rexistros, e en Mondariz, o persoal técnico de ORAL xa está a facer o traballo de campo.

Anuncios