
Unha colisión entre un turismo e unha moto na Avda. Curros Enríquez de Gondomar saldouse co motorista ferido. O 112 Galicia recibía a alerta do sinistro ás 13:25 horas deste xoves. Tras o impacto, o piloto, veciño da localidade de 32 anos, acabou na calzada, e a motocicleta ocupando o carril contrario despois de golpear un vehículo estacionado. Desde o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse do sucedido a Urxencias Médicas, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou ao ferido a un centro hospitalario de Vigo. Tamén acudiu ao lugar a Policía Local.