Este venres 17 de agosto continúan os “Venres de Son”, incluídos no programa “Cultura de Verán” organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar. Juan Pablo Lojo Charko presentará ás 23:00 horas no Parque da Avda. do Tranvía o seu novo traballo musical “Y si ladran, que ladren”, flamenco galego-andaluz e algunha versión. Ás 00:30 actuará na Praza Rosalía de Castro Aretha Franklin Tribute Band, formada por Noelia Álvarez (voz), Paco Dicenta (baixo), Adolfo FH (guitarra), David Outomuro (batería) e Adrián Blanco (teclados). A banda fai un repaso pola discografía de “a Dama do Soul” ofrecendo a súa particular versión dos temas, dando tamén renda solta á creatividade e a improvisación.
El Charko e Aretha Franklin Tribute Band actúan nos “Venres de Son” de Gondomar

