Anuncios
Ticker de novas

Conferencia de Antón Pulido sobre a pintura como investimento hoxe en Baiona

O Concello de Baiona continúa este xoves 16 de agosto coa oitava edición do Ciclo de Conferencias Culturais que cada ano acolle a Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20). Antón Pulido Novoa, ex Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea e da colección Artistas galegos (30 tomos) de Nova Galicia Edicións, e pintor, ofrecerá a charla “A pintura como investimento hoxe” a partir das 20:30 horas.

Anuncios