Anuncios
Ticker de novas

A Comisión de Festas Virxe da Cela e o Carme de Baredo organiza unha churrascada

A Comisión de Festas Virxe da Cela e o Carme de Baredo organiza este domingo 19 de agosto unha churrascada no Xogo dos Bolos. Os asistentes poderán degustar churrasco de porco, medio criollo e medio vermello, patacas, pan e bebida (viño e auga) por 12 euros. Tamén haberá mexillóns, empanadas, pizza, pementos e sobremesas caseiras por 3 euros a ración. Os máis pequenos terán obradoiro de manualidades, photocall, imos pescar e inchables. O evento estará amenizado por un grupo de gaitas. Pódense facer reservas nos teléfonos 680 424 719 (Susana), 607 801 782 (Javi) ou 615 853 643 (Tista).

Anuncios