Sin categoría

Nigrán ofrece un campus de patinaxe do 20 ao 24 de agosto

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece un campus de patinaxe destinado a nenos de 4 a 16 anos e que se desenvolverá do 20 ao 24 de agosto. O prazo de inscrición está aberto a través da Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (de 9:00 a 14:00 horas) ou a través do mail monica180495@hotmail.es ou no 663 336 604. O campus desenvolverase de 9:30 a 13:30 horas e ten un custe de 60 € que se deben abonar no número de conta que o propio club facilitará.