Sin categoría

Realidade e potencialidade das Villas Marineras serán valorados polos turistas este mes de agosto

Este luns iniciáronse en Baiona os traballos de encuestación a visitantes e turistas que se acheguen ás Villas Marineras, co obxectivo de determinar o perfil do mercado real durante a tempada alta e a baixa. Enmarcada esta acción, no desenvolvemento do estudo de mercado que concluirá a finais de ano, tentará determinar ademais a potencialidade dos recursos e experiencias vinculadas ao turismo mariñeiro.

Franxa de idade, gasto medio, estancia media, coñecemento e interese por coñecer outras vilas mariñeiras da rede, posicionamento da marca Villas Marineras na mente do visitante, como viaxan, se son turistas repetidores e xa visitaron o destino, como realizaron a reserva de aloxamento, a súa valoración dos diferentes factores e recursos da vila, o interese polo Camiño de Santiego,… son algunhas das preguntas que os entrevistadores realizarán nas oficinas de turismo das 6 Villas Marineras.

O obxectivo do estudo é a definición do mercado real e potencial consumidor deste produto turístico integrado por seis Vilas con encanto, historia e mariñeiras que, mantendo cada unha a súa identidade, teñen en común a súa localización na España Verde, a calidade en destino ao ter implantado o SICTED e formar parte do Camiño de Santiago. Así, identificado o mercado poderanse realizar campañas de promoción e comercialización dirixidas a segmentos específicos e, noutras ocasións a propia demanda poderá marcar a folla de ruta a seguir pola oferta das propias Vilas para poder ocupar as primeiras posicións na mente do consumidor de viaxes na programación das súas vacacións. Outro dos obxectivos é dilucidar as preferencias dos turistas, non só en que ver nas Vilas senón tamén en que facer ou experimentar, ofrecendo turismo experiencial vinculado aos oficios, tradicións e cultura do mar, non só na auga senón en terra e salpicando o calendario para poder desestacionalizar a demanda ofrecendo actividade-oferta todo o ano.

As entrevistas desenvolveranse durante 15 días en tempada alta e, as próximas citas coas entrevistas serán nas oficinas de turismo de cada unha das Vilas seguindo o seguinte calendario:

  • 13 e 14 de agosto: Baiona
  • 16 e 17 de agosto: Ribadesella
  • 18 e 19 de agosto: Llanes
  • 20 e 21 de agosto: San Vicente de la Barquera
  • 22 e 23 de agosto: Laredo
  • 24 e 25 de agosto: Santoña

Esta iniciativa está impulsada pola Asociación de Municipios de Villas Marineras integrada polos Concellos de Baiona (Galicia); Ribadesella e Llanes (Asturias); San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo (Cantabria), cuxa Presidencia ostenta o Concello de Baiona e a empresa de consultoría Avivae Soluciones Estratégicas S.L. (AVIVAE) xestiona o Plan Estratéxico e a Xerencia.

O Alcalde de Baiona e actual Presidente da Asociación, Ángel Rodal, e a Concelleira de Turismo, Beatriz González, acudiron hoxe martes, 14 de agosto, á contorna da Oficina de Turismo, para comprobar como a empresa encargada da elaboración do estudo de mercado, realizaba as enquisas a turistas.