O veciño de Chaín Diego Fernandes incorpórase ao Gondomar CF

O Gondomar Club de Fútbol dálle hoxe a benvida a Diego Fernandes Casas, veciño de Chaín (Gondomar), que chega ao equipo despois de estar sempre no Gondomar FB, ao cal desde o club danlle tamén as grazas polas facilidades para a súa contratación. O xogador de 22 anos, afirma que «chego ao equipo con moitas gañas de aportar o máximo posible e con moita ilusión».