Detectados en xullo na provincia 376 condutores positivos en alcol e 265 en drogas

FOTO: GARDA CIVIL // Control en Vigo.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra realizou durante o pasado mes de xullo 21.777 probas de alcol e droga na rede viaria da provincia de Pontevedra.

levaron a cabo 21.308 probas de alcoholemia e detectáronse 376 condutores que deron resultado positivo. A maior parte deles, 358 foron detectados en controis preventivos, 10 con motivo de sufrir un accidente de circulación e 8 con ocasión de infraccións á Lei de Seguridade Viaria.

Pola súa banda, outros 265 condutores deron resultado positivo nas 469 probas que se realizaron de drogas. Deles: 222 detectáronse nos controis preventivos, 27 con ocasión de infraccións e 16 con motivo de sufrir un accidente de circulación. Sobresaen os casos de dous condutores que deron positivo en tres drogas distintas.

Por idades, a porcentaxe máis alta de probas positivas de alcoholemias correspóndese co grupo de condutores comprendido entre os 18 e os 34 anos. Por sexo, o 85% dos condutores denunciados neste período de tempo son homes.

Anuncios