Sin categoría

Porriño Team volve gañar o Torneo de Baloncesto 3×3 de Baiona

O parque da Palma acolleu este fin de semana a XXIII edición do Torneo de Baloncesto 3×3, organizado pola Concellería de Deportes de Baiona, conxuntamente co Club Baloncesto Baiona. Participaron 40 equipos, 20 na categoría de adultos, 4 en veteranos, 12 equipos na categoría Sub 16 e 4 en Sub 12.Tamén se celebrou un torneo especial para participantes con mobilidade reducida, sumando un total de 250 deportistas que xogaron máis de 90 partidos ante un notable número de seguidores ao longo das dúas xornadas.

Cada equipo debía estar composto por un mínimo de 3 xogadores e 1 reserva, e un máximo de 6. Todos os partidos disputáronse a un só tempo de 20 minutos, finalizando se un dos equipos chegaba a 21 puntos. O XXIII Torneo de Baloncesto 3×3 comezou o venres coas fases clasificatorias. O sábado disputáronse os cuartos de final, semifinais e finais das distintas categorías, ademais do Torneo Especial-Torneo Campuzano. A competición finalizou coa entrega de premios e agasallos conmemorativos, da man do alcalde, Ángel Rodal, e o concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas.

CATEGORÍA SÉNIOR:
CAMPIÓN: PORRIÑO TEAM
SUBCAMPIÓN: BAYVER
SEMIFINALISTAS: FOFINITOS
SEMIFINALISTAS: AZUQUITA

CATEGORÍA VETERANOS:
CAMPIÓN: ROUGE VINTAGE
SUBCAMPIÓN: TIRA DE CERVEZA TARZAN
SEMIFINALISTAS: ME GUSTAN LOS MAYORES
SEMIFINALISTAS: XOAN XARDIN

CATEGORÍA SUB 16:
CAMPIÓN: MAIKE ASOMA
SUBCAMPIÓN: ORLANDO MAGIC
SEMIFINALISTAS: AZUQUITA
SEMIFINALISTAS: AL PARTINHO

CATEGORÍA SUB 12
CAMPIÓN: SEDONA TEAM
SUBCAMPIÓN: TEAM LEBROM
SEMIFINALISTAS: ROUGE MINI
SEMIFINALISTAS: PATOS STAR TEAM

CATEGORÍA ESPECIAL – TORNEO CAMPUZANO
LOS LAIKERS DE BAIONA Y LOS BULLS DE BAIONA