Anuncios
Ticker de novas

Ovalmi e Coemsa organizan un rastro familiar en Sabarís

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (COEMSA), coa colaboración do Concello de Baiona, organizan un rastro familiar que se celebrará en Sabarís o domingo 9 de setembro desde as 11:00 ata as 21:00 horas.

Os postos serán exclusivamente de particulares (familias, amigos, asociacións con fins sociais…), e só para vender roupa, accesorios, aveños domésticos, obxectos persoais… que temos por casa e xa non utilizamos, pero poden ter unha segunda vida en mans doutra persoa.

Os interesados en poñer un posto ou que desexen máis información, deben poñerse en contacto con OVALMI no correo electrónico asociacion@ovalmi.com ou no teléfono 986 36 67 30.

Anuncios