Anuncios
Ticker de novas

Ao redor de 1.300 pratos de ovos con chourizo na Carrasca

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Festa dos ovos con chourizo na Carrasca.

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca pechou este venres a súa Semana Cultural coa celebración da festa gastronómica de ovos fritos con chourizo. Ao redor de 1.300 persoas achegáronse ata o “Xogo dos Bolos” da Praza da Carrasca para degustar o típico prato. O evento, que cumpriu a súa VIII edición, estivo amenizado polo Grupo de Gaitas Vai na Herba da Asociación de Veciños “O Freixo” de Vigo.

Anuncios