Anuncios
Ticker de novas

Avento Producións presenta en Gondomar a obra “Hansel e Gretel”

Este sábado 11 de agosto continúa o programa “Cultura de Verán” en Gondomar con teatro. Avento Producións representará a obra “Hansel e Gretel” ás 22:30 horas no Parque das Ánimas, unha crítica á situación actual, na que algúns se enriquecen endebedando aos demais, e se aproveitan dos máis desfavorecidos, e todo isto en musical.

Hansel e Gretel son dous irmáns que se propoñen axudar a seu pai que quedou no paro, aventurándose ao bosque para buscar alimentos. No seu camiño atópanse cunha Bruxa Prestamista que se interporá nos seus obxectivos, apresando nunha gaiola ao Irmán para comelo e tratando de escrava á Irmá. Aparecen dous seres maxicotenolóxicos que axudan aos nosos amigos a vencer á bruxa, e rematar coa pobreza.

Anuncios