Anuncios
Ticker de novas

Aparatoso accidente sen vítimas en Patos

FOTO: MANUEL CASAL // A brutalidade do impacto arrastrou ao 205 que circulaba pola PO-325.

Dous vehículos resultaron seriamente danados na tarde noite do pasado mércores tras chocar na PO-325, en concreto á altura de Patos. A pesar da aparatosidade do accidente tan só houbo que lamentar danos materiais. Segundo testemuñas presenciais, os feitos sucederon as 21:45 momento en que a condutora do Peugeot gris, tomou o cruzamento de Costa da Barxa que leva ao areal nigranés embestindo ao Peugeot 205.

Anuncios