Anuncios
Ticker de novas

Unha vintena de establecementos ofrecerán os seus produtos en Portobelo

Este domingo 12 de agosto a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e o Concello de Nigrán organizan na Alameda da Ramallosa a Feira de Oportunidades Portobelo. Desde as 11:00 da mañá e ata as 21:00 horas da noite unha vintena de establecementos da comarca ofrecerán os seus produtos a prezos rebaixados.

Poderase atopar moda para home, muller e neno, roupa interior e de baño, complementos, electrodomésticos, instrumentos musicais, artigos de decoración, de barbería, cosmética e perfumería, libros… Na parte gastronómica haberá viños e conservas selectas, tacos mexicanos, repostería e chuches para os máis golosos.

Todo iso acompañado de música, baile, deporte e diversión. Haberá inchables para os máis pequenos durante todo o día, ás 12:30 un espectáculo de baile a cargo da Escola de Danza Paradela de Gondomar, ás 17:30 celebrarase o tradicional e divertido concurso “Flota como Poidas” e ás 20:00 horas o concerto de Enrique Martínez acompañado da Banda de Vincios, que deleitarán aos asistentes con cancións inesquecibles de Nino Bravo, Frank Sinatra…

Anuncios